Fundación Celta e MRW renovan o seu convenio de colaboración

MRW, líder en transporte urxente de paquetería, renovou como membro de honra da Fundación Celta tras a firma do seu convenio de colaboración. O apoio da compañía consolídase como un importante reforzo ao labor de fútbol basee que realiza a Fundación Celta, pero en especial a un dos seus proxectos máis ilusionantes: o equipo Fundación Celta Integra de xogadores con discapacidade intelectual e que son os vixentes campións de LaLiga Genuine.

Santos Almeida, xerente das oficinas de MRW en Vigo, Ourense e Pontevedra, rubricou o convenio de colaboración A SEDE xunto a Germán Arteta, director da Fundación Celta.