Fundación: Filosofía e Valores

MISIÓN

A misión da Fundación é “Achegar o deporte e os seus valores á sociedade”.

Este achegamento á sociedade implica:

  • Investigar, promover e divulgar a importancia do deporte no desenvolvemento persoal dos nenos e nenas e no logro das súas metas deportivas, en liña co proxecto de canteira do Real Club Celta deVigo.
  • Achegar o deporte aos adultos como instrumento capaz de construír e reforzar valores claves para o desenvolvemento da persoa, forte compoñente social desde o que potenciar accións de igualdade, integración, solidariedade e desenvolvemento.
  • Promover e fomentar o patrimonio social, cultural e deportivo do Real Club Celta de Vigo.
  • Axuntar vontades e esforzos de persoas físicas e xurídicas para aumentar a actividade deportiva viguesa e galega.
  • Participar no capital social do Real Club Celta de Vigo SAD.
  • Colaborar na forma e medida que se estime posible e conveniente co Real Club Celta de Vigo así como con outras institucións sociais, culturais artísticas, benéficas e deportivas

QUÉ FACEMOS

Os labores principais da Fundación Celta de Vigo son:

  • Xestionar e coordinar a canteira do Real Club Celta de Vigo.
  • Desenvolver campus, escolas e clinics deportivos para mozos, principalmente orientados á práctica do fútbol.
  • Investigar e promover os valores do deporte, así como realizar charlas e coloquios sobre a súa importancia na sociedade.
  • Desenvolver diferentes actividades lúdico-deportivas para a promoción da práctica do deporte entre as persoas de todas as idades.
  • Dar a coñecer o patrimonio social e deportivo do Real Club Celta de Vigo a través de visitas ao Museo da Fundación Celta.
  • Fomentar a participación cidadá en actividades de carácter social, mediante a promoción de campañas solidarias como “Celeste solidario” ou “Sangue celeste”.

QUEN SOMOS

A Fundación Celta de Vigo naceu o 17 de xullo de 1996 como unha gran obra centrada no servizo á sociedade galega a través do desenvolvemento e o fomento do deporte en todos os seus ámbitos. O seu financiamento está suxeita á colaboración de cuantos axentes sociais estean dispostos a contribuír financieramente.

A misión da Fundación é “Achegar o deporte e os seus valores á sociedade”:

  • Porque o Celta é a máxima representación do deporte en Vigo e unha das máis destacadas en Galicia.
  • Porque o Celta, como equipo de fútbol da cidade e a súa contorna, arrastra unha gran masa social, o cal é un importante activo a utilizar desde a súa Fundación.
  • Porque o Celta simboliza a aspiración de moitos nenos que se inician ao deporte a través da práctica do fútbol e a ilusión deportiva de moitos adultos.
  • Porque o Celta xogase historicamente un papel dinamizador da cultura do deporte na sociedade galega e a súa Fundación debe contribuír a acrecentar este legado.

Este achegamento á sociedade implica:

Investigar, promover e divulgar a importancia do deporte no desenvolvemento persoal dos nenos e as nenas e no logro das súas metas deportivas, en liña co proxecto de Canteira do R.C.Celta. Achegar o deporte aos adultos como instrumento capaz de construír e reforzar valores claves para o desenvolvemento da persoa, forte compoñente social desde o que potenciar accións de igualdade, integración, solidariedade e desenvolvemento.

Actividades deportivas da Fundación:

  • Escolas de fútbol para nenos de 4 a 16 anos.
  • Escola de porteiros de 4 anos en diante.
  • Cursos para adestradores.
  • Torneos de fútbol
  • Campus de verán: para nenos de 4 a 16 anos con sedes en diferentes localidades da Comunidade.
  • Campus e escolas internacionais
  • Visitas a Colexios
  • Visitas ao Museo R.C.Celta