LaLiga Genuine

Os próximos 26 e 27 de maio celebrarase en Vigo a Fase 4 de LaLiga Genuine, unha iniciativa integradora de responsabilidade social e pioneira no mundo, organizada por LaLiga a través da súa Fundación, consistente nunha Liga de fútbol integrada por equipos do colectivo DEI (persoas con discapacidade intelectual).

A competición xógase na modalidade de Fútbol 8, en partidos de 4 partes de 12 minutos cada unha. Os 18 clubs de fútbol participantes xogarán en 6 grupos de 3 equipos.

En LaLiga Genuine non só suman os resultados deportivos, senón tamén as actitudes positivas de deportividade que se mostren durante os partidos. Por iso, os equipos contarán en cada xornada cunha serie de puntos que premiarán o comportamento e accións de deportividade e fair play de xogadores, adestradores e afeccións. Participan nesta competición equipos procedentes dos seguintes clubs:

 

HORARIOS:

GRUPOS:

CÓMO CHEGAR Á CIDADE DEPORTIVA DE A MADROA

Infórmate aquí

 

 

LUGARES DE INTERESE

A SEDE

Inaugurado o pasado mes de marzo, o RC Celta estrea fogar en pleno centro da cidade e nun dos seus edificios máis emblemáticos: a nobre construción de cálea Príncipe, obra do arquitecto Gómez Román, reformado cun ambicioso proxecto de Alfonso Penela. Un novo fogar do celtismo, un lugar de encontro para celtistas e cidadáns no que se poden atopar tendas, un gastrobar chamado Gambeta, unha clínica deportiva, unha residencia para xogadores, varias plantas de oficinas para o persoal do Celta e o restaurante Silabario.

 

PRAIA DE SAMIL

A espectacular praia de Samil invita a deter as horas fronte ao mar.

 

PORTA DO SOL

Porta do Sol é o km 0 de Vigo; a bisagra que une O Barrio histórico de Vigo e o Ensanche, onde se concentran os centros culturais e museos de Vigo máis modernos.

 

MONTE DO CASTRO

O Monte de O Castro é a orixe de Vigo, onde se asentaron os primeiros poboadores nos séculos II e III a. de C. e cuxos restos se conservan no Xacemento Arqueolóxico.

 

PONTE DE RANDE

Non é posible sentir Vigo por completo sen cruzar en coche a Ponte de Rande e contemplar desde a súa altura a illa de San Simón e as Illas Cíes ou a inmensidade da Ría de Vigo.

 

AS OSTRAS  DA PEDRA

A ‘Rúa das Ostras’ é quizá o maior reclamo turístico do Vigo urbano: decenas de metros destinados á degustación das famosas ostras da Ría de Vigo.

 

ÓNDE COMER?

RESTAURANTE SILABARIO

GAMBETA GASTROBAR

VALDEVEZ

CASQUEIRO

PAISANITO

A RODA

MARCOS

COLABORADORES