QR

Xa está aberta a inscrición das Escolas de Fútbol da Fundación Celta da tempada 2019 – 2020.

O curso da nova tempada dará comezo o 16 de setembro.

As Escolas de Fútbol da Fundación RC Celta iniciarán a súa actividade no mes de setembro (aínda que a matrícula estará aberta todo o ano) en dúas sedes:

  • Instalacións da Madroa. Luns, martes, mércores e/ou xoves, en horario de 17:45 h a 18:45 h.
  • Campo Federativo de Coia. Martes e/ou xoves, en horario de 18:00 h a 19:15 h.

Con 23 anos de experiencia na formación de futbolistas, as escolas de fútbol están destinadas a mellorar as capacidades técnicas e condicionais de mozos e mozas de entre 4 e 16 anos.

Este ambicioso proxecto pretende ser un referente na formación de futbolistas e foi deseñado para ofrecer un curso do máis alto nivel adaptado ás diferentes necesidades dos novos futbolistas, e é impartido polos mellores preparadores da canteira do Real Club Celta.

Novidades para o novo curso 19-20

  • Creación de diferentes tipos de Escolas de Fútbol:
    • Escola de iniciación (4-5 anos)
    • Escola de aprendizaxe (6-16 anos e NON federado)
    • Escola de tecnificación (6-16 anos e SÍ federado)
    • Escola de porteiros (4-16 anos)
  • Participación en competición amigable unha fin de semana ao mes.
  • Desenvolvemento dun programa de educación integral e en valores paralelo á formación futbolística: programa DOC.
  • Maior participación de pais a través de diferentes accións.
  • Descontos para xogadores/ as de clubs convidos, alumnos/ as de colexios colaboradores coa Fundación Celta, segundos irmáns, abonados do RC Celta e membros da Fundación Celta
  • Agasallo de benvida dunha bufanda oficial do RC Celta para todos os rexistrados antes do 15 de setembro.

 

Obtén información detallada e consulta condicións e mais vantaxes aquí.

PREZOS, MATRÍCULA E MENSUALIDADES:

CIDADE DEPORTIVA DE A MADROA (luns, martes, mércores e/ou xoves)

Matrícula: 60 euros, con equipamento incluído

Matrícula: 25 euros, sen equipamento incluído (só para xogadores FEDERADOS noutros clubs)

1 día por semana, 30 euros ao mes

2 días por semana, 45 euros ao mes

3 días por semana, 55 euros ao mes

4 días por semana, 60 euros ao mes 1 día por semana, 30 euros al mes

*Equipamento completo composto por camiseta, pantalón, calcetíns, sudadera, chubasquero, mochila.

CAMPO FEDERATIVO DE COIA (martes e/ou xoves)

Matrícula: 60 euros, con equipamento incluído

Matrícula: 25 euros, sin equipación incluida (sólo para juegadores FEDERADOS en otros clubs)

1 día por semana, 30 euros ao mes

2 días por semana, 45 euros ao mes

*Equipamento completo composto por camiseta, pantalón, calcetíns, sudadera, chubasquero, mochila.

Inscripción sede Cidade Deportiva de A Madroa

Inscripción sede Campo Federativo de Coia

 

RESTO DE SEDES

CAMBADOS CAMPO DE FÚTBOL O POMBAL (CAMBADOS) COMEZO 2 DE OUTUBRO INFO INSCRÍBETE AQUÍ
 DODRO CAMPO MUNICIPAL DE CHENLO (DODRO) COMEZO 30 DE SETEMBRO INFO  INSCRÍBETE AQUÍ
 O GROVE UNIÓN SOCIEDAD DEPORTIVA O GROVE COMEZO 30 DE SETEMBRO INFO INSCRÍBETE AQUÍ
VELLE CAMPO DE FÚTBOL MONTE DA AIRA (OURENSE) COMEZO 2 DE OUTUBRO INFO INSCRÍBETE AQUÍ