O RC Celta e a súa Fundación preparan un espectacular ‘agasallo’ para os afeccionados celestes. Ambas entidades organizan un ciclo de charlas sobre fútbol con protagonistas de recoñecido prestixio a nivel internacional. O Salón Rexio da Sede acollerá a partir do día 25 do presente mes un impoñente ciclo baixo o nome de ‘Fútbol de Salón’ no que intervirán reputados adestradores, con brillantes traxectorias en Primeira División ou en seleccións nacionais, que compartirán a súa experiencia e coñecementos cos afeccionados celestes.

O ciclo comezou o 25 de outubro cun vello coñecido da afección céltica, Eusebio Sancristán. Polo Salón Rexio da Sede pasarán despois e até o mes de maio de 2020 Eduardo Berizzo, Jorge Valdano, Vicente Del Bosque, Marcelino, Javi Gracia  e o Tata Martino.

Este ciclo, cun elenco de adestradores de gran renome, está aberto a todos os afeccionados do RC Celta, que poderán acudir de maneira gratuíta a cada unha das charlas até completar capacidade. Neste caso, as intervencións poderanse seguir no videowall da tenda oficial.

 

Charla Marcelino García
Xoves 12/03/2020
20:00 Salón Regio A Sede RC Celta
Entrada de balde ata completar capacidade
Príncipe 44, Vigo (acceso por Velázquez Moreno)