Gaña entradas para o espectáculo de LES LUTHIERS en Vigo

cartel-presentación-celta.jpg

p>

Xa temos o gañador do concurso!

ACTUALIZACIÓN: O gañador das entradas para o espectáculo de Les Luthiers é Jacobo Martínez. Parabens!

O Auditorio Mar de Vigo acolle entre o 20 e o 24 de outubro o espectáculo “Chist: antoloxía” de Les Luthiers. O RC Celta lanzou un concurso no seu Facebook oficial (www.facebook.com/realclubcelta) no que sorteará unha entrada dobre entre os afeccionados que acerten que equipo marcará antes no partido Vilarreal – Celta do próximo domingo. Para participar tan só hai que deixar un comentario na publicación do concurso co nome dun dos dous equipos.

 

Ademais, “Chist; antoloxía” regala a todos os seguidores celtistas un desconto do 10% no prezo das entradas para a función do martes 20 de outubro. Para beneficiarse desta rebaixa tan só hai que introducir o código CELTALUTHIERS no momento da compra online: goo.gl/0CrHVl

 

BASES DO CONCURSO

1.- Organizador

Real Club Celta de Vigo S.A.D. con domicilio social en Rúa Conde de Gondomar 1, 36203 Vigo, organiza un concurso para todos os seus seguidores nas plataformas sociais oficiais do Real Club Celta de Vigo, en concreto na páxina oficial de Facebook.

 

2.- Ámbito e duración

O concurso levará a cabo en España para residentes en todo o territorio nacional. A data de comezo do concurso será o 12 de outubro de 2015 ás 14.00h e a data de finalización será o 18 de outubro de 2015 ás 12:00h.

 

3.- Regras e condicións para participar

O concurso terá lugar na páxina oficial de Facebook do Real Club Celta de Vigo (https://www.facebook.com/realclubcelta).

Para participar no concurso será necesario:

– Ser fan da páxina oficial do Real Club Celta de Vigo en Facebook.

– Dar “Me Gusta” á publicación do concurso na páxina do Real Club Celta de Vigo en Facebook e responder á pregunta facendo un comentario na mesma publicación. A pregunta é: Cal será o primeiro equipo en marcar gol no Vilarreal ? Celta do próximo Domingo? Deberás deixar un comentario na publicación do concurso co nome dun dos dous equipos.

Poderá participar calquera persoa cun perfil en Facebook. Cada usuario poderá participar unha única vez por promoción.

 

4.- Premios e selección do gañador

Outorgarase unha entrada dobre para a estrea de “Chist; antoloxía” de Les Luthiers en Vigo o vindeiro martes, 20 de outubro ás 21.00h no Auditorio Mar de Vigo. A forma de entrega das entradas comunicaráselle aos dous gañadores unha vez finalizado o concurso.

Os gañadores serán elixidos por sorteo entre todos os participantes que cumpran os requisitos anteriormente expostos e acerten o primeiro equipo en marcar gol.

Se non se logra contactar con algún gañador nun prazo de 24 horas desde o primeiro intento de contacto, ou este renunciase ao premio, procederemos a seleccionar un novo gañador, perdendo o anterior gañador o seu dereito a reclamar o premio. Comunicarase na páxina de Facebook do Real Club Celta de Vigo cando haxa gañadores oficiais e tamén se comunicará a través da páxina web o nome do gañador o Luns, 19 de outubro.

 

5.- Cesión de dereitos de imaxe e/ou propiedade intelectual

A participación no Concurso supón a cesión e autorización expresa de todos os dereitos de propiedade intelectual e de imaxe sobre as participacións, de forma que o participante cede a Real Club Celta de Vigo os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que puidesen corresponderlle ou derivar das participacións enviadas para participar no Concurso.

 

6.- Excepcións

Real Club Celta de Vigo resérvase o dereito de eliminar do concurso a calquera usuario que non cumpra os requisitos establecidos na mecánica do concurso.

No caso de que ao termo do encontro non haxa goles ou ninguén acerte o primeiro equipo en marcar, procederase a realizar o sorteo entre todos os participantes que cumpran o resto de requisitos esixidos.

O premio podería considerarse deserto no caso de que a organización consideráseo oportuno.

 

7.- Protección de datos.

Real Club Celta de Vigo garante o cumprimento íntegro da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal no tratamento dos datos persoais recollidos na presente promoción, en especial polo que se refire á atención do exercicio dos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos persoais dos concursantes.

 

8.- Aceptación das bases.

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia diso, Real Club Celta de Vigo quedará liberado do cumprimento da obrigación contraída con devandito participante.

Leave a Reply

fifteen − fifteen =