Gañadores das entradas para o concerto de Joe Sanders en A Sede

O Salón Rexio da Sede estrea a súa programación cultural con tres concertos de excepción dentro do Ciclo 1906: Joe Sanders, Antonio Lizana e María Toro. Os mellores artistas do mundo do jazz e de estilos irmáns como o flamenco, o blues ou o soul danse cita cada ano no Ciclo 1906, que este ano cumpre once exitosas edicións co Salón Rexio da Sede como escenario desta proposta musical en Vigo.

O RC Celta, a través da conta oficial de A Sede en Twitter, sorteou dúas entradas dobres entre os seus abonados para o primeiro dos concertos, o do virtuoso do jazz Joe Sanders, que actuará no Salón Rexio o martes 10 de abril ás 22:00 horas. Para participar no sorteo, os abonados celestes* tiñan que facerse seguidores do twitter oficial da Sede, retuitear a mensaxe do sorteo e responder á pregunta “Cal é o gol máis virtuoso do Celta que lembras?”. O RC Celta contactará cos gañadores para comprobar a súa condición de abonados e xestionar a entrega do premio. Ehorabuena aos premiados!

Gañadores: @xiana14 y @NicoAlonso17432

*Nota: os gañadores deberán acreditar que son abonados maiores de idade. Os acompañantes dos gañadores deberán ser maiores de 12 anos.