Hemeroteca canteira

García-Bayón: “Dirixir unha das mellores canteiras de España é un reto apaixonante”

RC Celta

michel-carloshugo-covelo-alexotero.jpg

O director de canteira presentouse e pousou xunto ao equipo de coordinación de categorías inferiores

 


VÍDEO EN CELTA TV


 

A sala de prensa de Balaídos acolleu esta mañá a presentación de Carlos Hugo García-Bayón como novo director de canteira do Real Club Celta. O leonés estivo acompañado polo vicepresidente céltico Ricardo Barros e polo director deportivo Miguel Torrecilla, que coincidiron en destacar o seu coñecemento do club grazas ao seu labor previo como segundo adestrador do primeiro equipo celeste.

 

“Carlos Hugo é un profesional acorde á nosa visión da canteira”, asegurou o vicepresidente que deu a benvida a García-Bayón en nome do consello de administración. Neste sentido Miguel Torrecilla subliñou que estar “vinculado ao fútbol de formación” foi unha das claves para a incorporación do leonés.

 

García-Bayón iniciou a súa intervención cunha mensaxe de agradecemento ao ex técnico celeste Eusebio Sancristán, a quen considera o seu valedor: “Foi quen me trouxo aquí na miña primeira etapa. Con el vivín momentos duros, pero moi gratificantes”. A súa gratitude fíxoa extensible “ao presidente, o consello e a dirección do club” e asegurou que asinar polo Celta ten un compoñente único: “Ao recibir a chamada sentín algo especial. Estou moi contento por volver”.

 

O novo director de canteira tamén tivo palabras de encomio para o traballo que a entidade viguesa ha realizado durante as últimas tempadas: “Evolucionouse e moito, realizando un traballo paso a paso que está a ter a súa recompensa. Xa levo uns días aquí e atopeime cun grandísimo grupo, xente comprometida e humilde”, declarou García-Bayón en referencia aos membros da área de coordinación das categorías inferiores Míchel Martínez, Eduardo Covelo e Álex Otero, quen pousaron co director ao finalizar a rolda de prensa.

 

Carlos Hugo destacou “o gran traballo” que realizou o seu antecesor no cargo e garantiu que chega a Vigo “para pór todo o empeño en manter e mellorar ese labor. Dirixir unha das mellores canteiras de España é un reto apaixonante”.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas