Primeiro Equipo

Golazo de Lobotka con Eslovaquia e titularidade de Sisto con Dinamarca

RC Celta

La imagen puede contener: 1 persona, de pie y pantalla

 

Lobotka, a sensación eslovaca
Stanislav Lobotka está a ser unha das sensacións da Selección de Eslovaquia. Tras asinar unha actuación sobresaliente ante Eslovenia que lle valeu para ser elixido ‘Mellor Xogador do Partido’ en diversos medios especializados, Lobotka volveu ser protagonista no partido de clasificación ao Mundial ante Inglaterra en Wembley.

 

Aos 3 minutos de xogo, o centrocampista celeste recuperou o balón, asociouse cun compañeiro e recibiu de novo o esférico para, tras controlalo coa destra, enviar o balón ao fondo da rede cun disparo cruzado. Os ingleses lograron remontar o partido, que finalizou cun marcador de 2-1 a favor dos locais. Co seu primeiro gol coa absoluta eslovaca, Lobotka pon de momento punto e final aos seus compromisos internacionais.

  

Sisto repite titularidade con Dinamarca
Pione Sisto repetiu titularidade con Dinamarca no partido de clasificación ao Mundial ante Armenia disputado en Yereman. O atacante celeste mantívose no terreo de xogo 67 minutos nun choque que se resolveu cunha contundente vitoria por 1-4 a favor dos daneses.

 

Finalizan os compromisos internacionais
Con Lobotka e Sisto xa liberados dos seus compromisos internacionais e en marcha para reincorporarse ao equipo na Madroa, son cinco os xogadores celestes que aínda permanecen concentrados coas súas seleccións: Iago Aspas, Radoja, Tucu, Emre Mor e Iván Villar disputarán este martes os seus últimos partidos nesta ‘Data FIFA’.

 

 

Iago Aspas (España)

España-Italia (3-0) | CLASIF. MUNDIAL | Sen minutos

Liechtenstein-España | 5.9.17 – Vaduz | CLASIF. MUNDIAL

 

Radoja (Serbia)

Serbia-Moldavia (3-0) | CLASIF. MUNDIAL | Entrou no 77′

Irlanda-Serbia | 5.9.17 – Dublín | CLASIF. MUNDIAL

 

Pablo Hernández (Chile)

Chile-Paraguai (0-3) | CLASIF. MUNDIAL | Sein minutos

Bolivia-Chile | 5.9.17 – La Paz | CLASIF. MUNDIAL

 

Sisto (Dinamarca)

Dinamarca-Polonia (4-0) | CLASIF. MUNDIAL | Partido completo

Armenia-Dinamarca (1-4) | CLASIF. MUNDIAL | Titular, ata o 67′

 

Lobotka (Eslovaquia)

Eslovaquia-Eslovenia (1-0) | CLASIF. MUNDIAL | Partido completo

Inglaterra-Eslovaquia (2-1) | CLASIF. MUNDIAL | Partido completo e gol

 

Emre Mor (Turquía)

Ucraína-Turquía (2-0) | CLASIF. MUNDIAL | Sen minutos

Turquía-Croacia | 5.9.17 – Eskişehir | CLASIF. MUNDIAL

 

Iván Villar (España Sub-21)

España-Italia (3-0) | AMIGABLE | Sen minutos

Estonia-España | 5.9.17 – Tallin | CLASIF. EUROPEO

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas