Primeiro Equipo

Goles e asistencias con sabor celeste na xornada de fútbol internacional

RC Celta

Tres xogadores celestes tiveron protagonismo coas súas seleccións nas últimas horas: Iago Aspas, Maxi Gómez e Robert Mazán. O tres arrincaron como titulares os seus respectivos compromisos internacionais, todos eles finalizados con vitoria, e desempeñáronse a un gran nivel.

Iago Aspas (España)

Titular coa Selección Española, deu a asistencia a Jesús Navas no segundo gol de ‘la Roja’ e mantívose no terreo de xogo até o minuto 55. O partido, clasificatorio para a Eurocopa, finalizou con triunfo español por 1-4.

Maxi Gómez (Uruguai)

O dianteiro celeste partiu de inicio no amigable ante Panamá e abriu o marcador a favor de Uruguai co que é, até agora, a súa segunda diana coa selección charrúa. O de Paysandú participou até o minuto 63 do encontro, que se resolveu con vitoria uruguaia por 3-0.

Mazán e Lobotka (Eslovaquia)

Robert Mazán tamén foi titular co seu combinado nacional. O lateral zurdo xogou até o asubío final no amigable ante Xordania, no que Eslovaquia se impuxo por goleada (5-1). O tamén céltico Stanislav Lobotka non entrou na convocatoria para este partido.

Jensen (Dinamarca Sub-21)

O seleccionador Sub-21 de Dinamarca deu a coñecer a lista definitiva de vinte e tres xogadores para a Eurocopa da categoría, que se disputa en Italia e San Mariño do 16 ao 30 de xuño. O centrocampista celeste Mathias Jensen fomra parte da convocatoria final.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas