Gran éxito de asistencia ao curso ‘Fundamentos do movemento multidireccional’ da Fundación Celta

Durante esta fin de semana desenvolveuse nas instalacións do Estadio Municipal Abanca Balaídos, o curso ‘Fundamentos do movemento multidireccional’, impartido por David Martínez Pozo e organizado polos Servizos médicos do Club e a Fundación Celta.

Neste curso, o profesor David Martínez, profundou sobre as mecánicas de movemento propias dos deportes multidireccionales e os seus sistemas de aprendizaxe, que permiten instaurar no deportista un patrón óptimo de movemento.

Dezaoito horas formación teórico-práctica repartidas en tres xornadas – 8, 9 e 10 de xuño- con gran éxito de asistencia por parte de fisioterapeutas, readaptadores e preparadores físicos.

O curso contou co patrocinio de Capenergy, Clinibax, Prim FisioterapiaHeel España e Iberian Sportech