Hemeroteca celtismo

Gran expectación ante o partido de oitavos de Copa fronte ao Real Madrid

RC Celta

borja-cristiano

Nas dúas primeiras xornadas despacháronse en Balaídos unhas 1200 entradas

 

O partido de ida dos oitavos de final da Copa do Rei ante o Real Madrid, que se disputará o mércores 12 en Balaídos ás 22.00 horas, xerou unha gran expectación. Os prezos fixados para este encontro, no que os abonados non terán que pagar suplemento, tiveron así mesmo unha excelente acollida e o ritmo de venda de entradas foi moi elevado nas primeiras xornadas nas que estiveron á venda. Desde este domingo despacháronse unhas 1200 entradas nas taquillas de Balaídos.

O esforzo realizado polo Celta para alcanzar os oitavos de final da Copa do Rei e brindarlle ao celtismo un apaixonante partido ante o Real Madrid tivo unha contundente resposta da afección desde este pasado domingo, día no que se puxeron á venda as entradas para o choque. Nestas dúas primeiras xornadas despacháronse unhas 1200 entradas, o que apunta a que Balaídos rexistrará un ambiente extraordinario.

As entradas para este encontro de Copa están á venda nas taquillas de Balaídos cun prezo de 65 euros para Tribuna, de 55 para Río Alto e Baixo e de 45 par Gol e Preferencia. No caso dos Sub-23 o prezo será de 55, 45 e 35 euros respectivamente.

 

O horario de taquillas será, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Haberá una taquilla especial adicada en exclusiva a venda de estas entradas para a Copa.

 

As entradas pódense adquirir online en www.celtavigo.org/taquillaCelta, de xeito rápido, sinxelo e seguro. O volume de vendas mediante as taquillas online está sendo tamén moi notable.

 

O club recórdalles aos afeccionados que desexen unirse á masa social celeste e darse de alta como abonados de ano que se o fan antes do partido, o día 12 deste mes, poderán xa asistir ao encontro co seu carné. Ademais, ao facelo antes do día 20 de decembro quedarán exentos de pagar suplementos nos Días do Club ao longo do ano 2013. 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas