Hemeroteca canteira

Gran papel do Alevín A na Arousa F7

RC Celta

Arosaf7.jpg

 

O Celta Alevín disputou este fin de semana a fase final do prestixioso torneo Arousa F7, celebrado en Villagarcía de Arousa, no que participaron equipos da talla de Atlético de Madrid, Málaga, Barcelona, Valencia e O Porto realizando un gran papel que confirma o bo nivel da canteira celeste.

 

Tras derrotar na fase de grupos a Sporting de Portugal, Academia Fútbol Angola e Ural e empatar ante o Atlético de Madrid o combinado celeste derrotou ao Real Madrid en cuartos e caeu en semifinais ante o Málaga, que ao cabo se alzaría co título.

 

Coa participación do Celta neste tradicional e recoñecido torneo comeza unha intensa época de torneos nacionais e internacionais nos que participarán todos os equipos da canteira celeste.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas