Gran partido do filial e vitoria clara na Malata (0-3)

O Celta B levou o derbi galego ante o RC Ferrol na Malata de maneira contundente. Aínda que o partido arrincou con dominio local e ao longo do primeiro tempo ambos os conxuntos gozaron de opcións, o filial celeste encamiñou o triunfo ao comezo da segunda parte con dúas tantos de Dennis Eckert. Os de Albés tomaron o control do partido a partir de entón e a quince minutos para o asubío final aseguráronse o tres puntos cun tanto de Pastrana.

O filial recibe este mércores 1 de novembro ás 12:00 horas ao Real Madrid Castilla en Barreiro.

FICHA TÉCNICA

0-Racing: Ian Mackay, Aitor Pascual (Fran Sota, mi 54), Víctor Vázquez, Mikel Fernández, Nano; Gonzalo (Aarón Sánchez, min 73), Joseba Beitia (Mendi, min 58), Jacobo, Armental, Pablo Rey, Juan Mera.

3-Celta B: Sotres, Kevin, Ros, Alende, Riki; Rai, Molina, Juan, Agus, Drazic (Pastrana, min 63), Dennis (Adrián, min 80).

Goles: Dennis (0-1, min.50); Dennis (0-2, min.53); Pastrana (0-3, min.74).

Árbitro: Gálvez Rascón, do comité madrileño. Amonestou a Víctor Vázquez e a Fran Sota no Racing; a Agus no Celta B.

Campo: A Malata (1.500 espectadores).