Gran respaldo dos accionistas ás contas, orzamento e novos conselleiros

A Xunta de Accionistas do RC Celta, celebrada esta tarde no Salón Regio de A Sede, aprobou esta tarde as contas do pasado exercicio, cun beneficio de 13 millóns de euros fronte aos tres previstos, co 99,89 por cento e cero votos en contra.

A Xunta apoiou tamén cun 99.85 por cento o orzamento da presente campaña, que ascende a case 72 millóns de euros cun beneficio previsto de 6 millóns.

A asemblea aprobou tamén cun respaldo próximo ao cento por cento o nomeamento de Fernando Rodilla e María José Táboas como novos membros do consello de administración, que aumenta ata os sete integrantes.

A exposición das contas correu a cargo, como vén sendo habitual, da directora financeira do club, María José Herbón, mentres que o director deportivo, Felipe Miñambres, desgranou ante os accionistas, as claves da planificación da tempada.

Á Xunta de Accionistas, que por primeira vez celebrouse en A Sede, asistiron un total de 79 accionistas máis 27 representados que supuxeron o 62,87 por cento do capital.