Guidetti e Suecia clasifícanse ao Mundial 2018

A Selección de Suecia fixo historia ante Italia e xogará o próximo Mundial. O combinado sueco, do que forma parte o céltico John Guidetti, eliminou á azzurra na repesca tras vencer pola mínima na ida (1-0) e empatar sen goles este luns en Milán. O dianteiro celeste non gozou de minutos en ningún dos dous partidos.