Pontevedra-Celta B: convocatoria

celta_b_pontevedra_j1_2b_barreiro_celebracion_2017_2018.jpg

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores, entre elos o xuvenil Franco Lobos, para o partido da xornada 20 de Segunda División B ante o Pontevedra CF (domingo, 17:00, Pasarón).

A listaxe fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alende, Iago, Pampín, Riki, Molina, Tià, Rai, Agus, Pastrana, Drazic, Aarón, Juan Hernández, Franco Lobos e Dennis.

Son baixas por lesión Solís e Kevin. Brais Méndez foi convocado polo primeiro equipo.