Highlights do RC Celta – Real Madrid

O RC Celta caeu ante o Real Madrid no Estadio de Abanca Balaídos por 1-3. O canteirán Iker Losada, fixo o único gol dos vigueses, realizando un debut soñado na Liga Santander. Por parte do Real Madrid, Benzema, Kroos e Lucas Vázquez, puxeron o marcador en favor dos visitantes, que xogaron gran parte do encontro en inferioridade numérica pola expulsión de Luka Modric.

Goza dos mellores momentos do gran partido ofrecido polos dous equipos na primeira xornada de liga.

Seguiremos loitando xuntos por conseguir os tres puntos no próximo encontro fronte ao Valencia CF, o sábado 24 de agosto en Abanca Balaídos.