celta_leganes_liga_2016_2017_balaidos_vigo.jpg
Celtismo

Horarios de billeteiras e tenda no Celta-Leganés

RC Celta


Os despachos de billetes de Balaídos abren este venres 24 de novembro, día do partido de Liga contra o CD Leganés, desde as 10:00 ata as 21:00 de maneira ininterrompida. En canto á tenda oficial, situada no estadio vigués, permanecerá aberta de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.

As entradas de ata catro partidos do RC Celta en Balaídos están xa á venda tanto nos despachos de billetes como na web www.rccelta.es/taquillaCelta. Trátanse dos encontros de LaLiga ante o CD Leganés (venres 24 de novembro, 21:00), Villarreal CF (domingo 17 de decembro, 16:15) e Real Madrid (primeiro fin de semana de xaneiro, sen confirmar); ademais do partido de volta de dezaseisavos de Copa do Rei ante a SD Eibar (28 de novembro, sen confirmar).

O club estableceu uns prezos moi atractivos, especialmente para o encontro de Copa ante o conxunto vasco. Con entradas desde 5€ e 10€, este decisivo partido preséntase como unha ocasión extraordinaria para que calquera afeccionado do RC Celta acuda ao estadio.

Tamén resultan moi interesantes os prezos dos billetes para os choques ligueiros fronte a Leganés e Villarreal, que oscilan entre os 20€ e 50€ en categoría ADULTO e entre 10€ e 30€ en SUB-25. Ante o Real Madrid as entradas máis económicas teñen un prezo de 70€ e 50€ respectivamente, un partido para o que os abonados que xestionaron o seu carné fóra de prazo promocional deberán adquirir un suplemento.

Os despachos de billetes e a oficina de abonados do RC Celta en Balaídos permanecen abertas habitualmente en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas