Hugo Mallo cumpre 200 partidos co RC Celta en Primeira División

O capitán do RC Celta, Hugo Mallo, cumpriu este mércores ante o RCD Espanyol 200 partidos en Primeira División. O canteirán é o sexto xogador histórico do club con máis partidos na máxima categoría do fútbol español e tan só ten por diante a lendas como Gustavo López (205), Pepe Villar (207), Juan Fernández (220), Manolo Rodríguez (226) e Alexander Mostovoi (235).

Nestes 200 encontros, Mallo acumula 5 goles e 17 asistencias nos máis de 17.000 minutos que suma en Primeira División. Entre todas as competicións, o capitán celeste vestiu a camiseta do RC Celta en 333 partidos. O seu debut co primeiro equipo produciuse o 29 de agosto do 2009 nun choque fronte ao Numancia.