Hugo Mallo, presente no “Equipo da Semana” de EA Sports

O gran partido de Hugo Mallo o pasado fin de semana contra a Real Sociedad ten premio. O capitán do primeiro equipo foi incluído no ‘Equipo da Semana’ do videoxogo FIFA19 de EA Sports tras a súa fantástica actuación en ABANCA Balaídos, onde realizou un sensacional encontro redondeado cunha magnífica asistencia de gol a Iago Aspas.