Hugo Mallo recibe o premio Xogador Estrella Galicia de marzo

A afección celeste outorgou a Hugo Mallo o trofeo Xogador Estrella Galicia de marzo que o acredita como o mellor futbolista do RC Celta durante o pasado mes a ollos do celtismo. O capitán do primeiro equipo mostrou a súa satisfacción ao recoller o galardón, o cal dedicou aos seus compañeiros e á afección: “Estou moi contento. Quero agradecerllo aos afeccionados, a Estrella Galicia e sobre todo aos meus compañeiros. Compártoo con todos eles”, declarou o marinense.

Con 1886 votos, Hugo Mallo impúxose na votación popular realizada polo club en redes sociais aos seus compañeiros de equipo Tucu Hernández (555) e Jonny (192), os outros candidatos ao trofeo no pasado mes de marzo.