Hugo Mallo, substituído con molestias na cara externa do xeonllo

O capitán celeste Hugo Mallo foi substituído no partido de hoxe ante o Getafe tras sufrir unhas molestias na cara externa do seu xeonllo esquerdo por un apoio mal coordinado nun lance do encontro. O xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, precisou que o xeonllo non presenta signos de inestabilidade nin derrame articular e valorarase evolución para decidir si realízanse probas complementarias.