Iago Aspas asinará autógrafos este xoves no córner de DR&N en El Corte Inglés

O canteirán do RC Celta Iago Aspas manterá este xoves un encontro coa afección celeste por iniciativa do provedor oficial do club  Do Rego & Novoa. O máximo goleador español da tempada asinará autógrafos no córner de moda de Do Rego & Novoa en El Corte Inglés, situado na terceira planta, a partir das 19.00 horas.