Iago Aspas e Brais Méndez, da Madroa á Selección Española

Dous canteiráns do RC Celta coinciden na Selección Española absoluta. Iago Aspas e Brais Méndez foron convocados por Luis Enrique para o dobre compromiso do combinado nacional ante Croacia e Bosnia, un deles determinante. É un feito histórico que non se daba dende 1970, con Quique Costas e Rodilla, e que enche de orgullo ao RC Celta e á súa afección e avala o esforzo que o club realiza cada día para potenciar e mellorar a canteira celeste nas instalacións da Madroa.