Iago Aspas e Brais Méndez reincorpóranse aos adestramentos

Os canteiráns celestes Brais Méndez e Iago Aspas incorporáronse este xoves aos adestramentos do RC Celta na Madroa tras finalizar os seus compromisos internacionais. Brais debutou con España Sub-21 e acumulou trinta e tres minutos repartidos en dous partidos de clasificación ao Campionato Europeo, torneo para o que o cadro español xa asegurou a súa presenza. Pola súa banda, Iago Aspas foi titular coa absoluta española ante Inglaterra en Wembley, escenario do seu debut con ‘La Roja’ en 2016, e estivo no banco na goleada 6-0 a Croacia.

Antonio Mohamed xa recuperou a seis do sete xogadores internacionais. Co regreso mañá venres de Mathias Jensen, capitán de Dinamarca Sub-21, e sen lesionados, o técnico celeste por fin contará co seu cadro de persoal ao completo.