Iago Aspas e David Juncà reciben a alta médica

O adestramento desta mañá na Madroa concluíu con espléndidas noticias. Tanto Iago Aspas como David Juncà recibiron a alta médica, polo que ambos estarán dispoñibles para a ‘final’ do sábado ante o FC Barcelona.

No parte continúa Emre Mor, quen realizou adestramento co grupo.