Iago Aspas e Juan Hernández, premiados na Gala do Fútbol Galego 2018

Iago Aspas como mellor xogador do RC Celta e Juan Hernández como máximo goleador dos equipos galegos de 2ªB, serán galardoados este venres 29 de xuño na Gala do Fútbol Galego que organiza a Real Federación Galega de Fútbol e o programa Galicia en Goles de Radio Galega.

A TVG retransmitirá a gala en directo a partir das 20:30 a través da web www.crtvg.es