Iago Aspas, elexido Xogador Estrella Galicia de novembro


Esta mañá fíxose entrega nas instalacións deportivas da Madroa do premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de novembro, que recaeu no dianteiro do Celta, Iago Aspas.

A decisión sobre o premiado tomárona os afeccionados do equipo que participaron a través dunha votación popular mediante as redes sociais do club. Do total de votos emitidos a través de Twitter e Facebook, o 75% decantáronse por Iago Aspas, mentres que o 15% apoiaron a Lobotka e o 10% a Pione Sisto.

A propietaria da Cafetaría Ecos, María del Carmen Diéguez, foi a encargada de entregar o galardón na terceira entrega desta iniciativa que cada mes deixa en mans dos afeccionados do Celta, mediante unha votación popular a través das redes sociais do Club, a elección do que consideren mellor xogador dese período de tempo.

Á súa vez, María del Carmen Diéguez foi recoñecida como a Hostaleira Estrela Galicia do mes de novembro polo que recibiu de mans de Iago Aspas unha camiseta oficial do Celta asinada por todos os xogadores do persoal.

Iago Aspas afirmou que “É un orgullo recibir este premio” e estendeu o mérito do galardón ao resto do vestiario: “Doulle as grazas aos meus compañeiros que sempre me axudan e apoian”. O dianteiro celeste tamén se referiu ao derbi galego deste sábado ante o Deportivo: “Sempre é un partido especial e querémoslle dedicar unha vitoria á afección”, afirmou.