ASPAS-BRAIS-GOLES-EIBAR.jpg
Primeiro Equipo

Iago Aspas engrandece a súa lenda cunha exhibición ante o Eibar (4-0)

RC Celta

Tras seis xornadas consecutivas sen gañar, o RC Celta regresou á senda do triunfo cunha goleada ante o Eibar na que brillou o dianteiro galego Iago Aspas. Antonio Mohamed situouno en punta, flanqueado por Emre Mor e Sofiane Boufal de inicio, e o de Moaña volveu exhibir por que é o maior goleador español dos últimos tempos. Apenas correran cinco minutos de xogo cando golpeou por primeira vez, cunha fermosa vaselina que parecía imposible mellorar. Non foi así. Media hora despois, Aspas volveu aparecer cun tanto aínda máis espectacular, tamén de vaselina e desde fóra da área.

Tras o descanso, Brais Méndez uniuse á festa goleadora con outro tanto ‘made in’ A Madroa. Pase de Iago Aspas e remate con efecto do mozo canteirán que despistou ao gardameta rival. Co partido xa sentenciado e dominado, a oito minutos para o asubío final, Iago Aspas redondeou a súa actuación co definitivo 4-0. Nada mellor que un hat-trick para celebrar o nacemento da súa filla Miña e facer aínda máis grande a súa lenda na historia do RC Celta.

FICHA TÉCNICA

4-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Juncà, Beltrán, Lobotka, Brais Méndez, Emre Mor (Okay, min.74), Iago Aspas (Dennis, min.85), Boufal (Sisto, min.81).

0-EIBAR: Riesgo, Bigas (Cucurella, min.68), Cote (Sergio A., min.68), Peña, Arbilla, Diop, De Blasis, Orellana, Jordán, Sergi Enrich (Charles, min.57), Kike.

Goles: Iago Aspas (1-0, min.5), Iago Aspas (2-0, min.36), Brais Méndez (3-0, min.56), Iago Aspas (4-0, min.82).

Árbitro: González González, do comité madrileño. Sen amonestados.

Campo: ABANCA Balaídos (15.509 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas