Iago Aspas entra na lista de España para os próximos partidos clasificatorios

Gran noticia para Iago Aspas. O seleccionador nacional Luís Enrique incluíu ao canteirán celeste na lista do combinado nacional de cara aos compromisos internacionais que a Selección Española disputará ante Islas Feroe e Suecia o próximo mes de xuño. Ambos encontros son clasificatorios para a Eurocopa 2020.

Iago Aspas vive o seu mellor momento da tempada. Esta mesma semana recolleu o galardón de LaLiga que lle recoñece como o mellor xogador de Primeira División no mes de abril. Ademais, os afeccionados celestes premiáronlle como o futbolista máis destacado do RC Celta no mesmo mes. O de Moaña encabeza a falta dunha xornada o Trofeo Zarra, distinción que xa gañou nas últimas dúas tempadas.