Iago Aspas entra no “Equipo da Semana” de EA Sports

A volta de Iago Aspas aos terreos de xogo continúa acaparando recoñecementos. O dianteiro celeste foi incluído esta semana no “Equipo da Semana” do videoxogo FIFA19 de EA Sports tras a súa fantástica actuación en ABANCA Balaídos o pasado sábado, cando anotou dous goles esenciais que permitiron ao RC Celta imporse ante o Villarreal.