Iago Aspas entra no equipo ideal da xornada 14

O partidazo de Iago Aspas no Camp Nou non pasou desapercibido para ninguén. O dianteiro moañés foi un dos mellores futbolistas da xornada 14 de Primeira División, tal como o confirma o once ideal de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada semana elixe os xogadores con mellor rendemento.

Aspas, segundo en puntuación nesta ocasión, aparece nesta aliñación destacada xunto a Guaita (Getafe) en portería, Djené e Bruno (Getafe), Núñez (Athletic) e Varane (Real Madrid) en defensa, Bergara (Getafe), Gabriel (Leganés), Ibai (Alavés), Tana (Las Palmas) no mediocampo e Calleri (Las Palmas) na dianteira.