Iago Aspas entra no XI ideal de LaLiga

O dobrete de Iago Aspas o pasado sábado ante a SD Huesca foi premiado por LaLiga, que incluíu ao dianteiro do RC Celta no XI ideal da xornada. O futbolista celeste foi o que máis puntos obtivo xunto ao defensa Gerard Piqué. O canteirán é o quinto xogador que máis puntos suma no acumulado da tempada.

Ademais, LaLiga seleccionou a Iago Aspas como un dos catro candidatos ao premio mvp da xornada. O ’10’ do RC Celta é segundo na clasificación do Pichichi e líder no Trofeo Zarra, galardón que conquistou nas dúas últimas tempadas.