Iago Aspas iguala os 68 goles en Primeira de Gudelj e Mauro

Iago Aspas continúa pulverizando os rexistros históricos do RC Celta. O de Moaña sumou a última xornada de Liga, ante o Alético de Madrid, o seu gol número 68 en Primeira División, a mesma cifra cultivada no seu día por dúas lendas do fútbol celeste: Mauro Rodríguez e Vlado Gudelj.

O dianteiro galego xa é o segundo máximo goleador do RC Celta en Primeira, empatado con Mauro e Gudelj. O próximo reto de Aspas é alcanzar ao lendario Hermiditita, que con 104 goles continúa no máis alto do ranking de goleadores célticos na máxima categoría do fútbol español.