Iago Aspas, incluido no “Equipo da semana” de EA Sports

Iago Aspas segue sumando premios e recoñecementos pola súa extraordinaria campaña co RC Celta. O dianteiro celeste foi incluido no “Equipo da Semana” de EA Sports despois do seu dobrete do pasado sábado contra a SD Huesca en ABANCA Balaídos. O de Moaña recibiu de mans de LaLiga e EA Sports un agasallo do seu ítem no xogo.

O canteirán acumula 10 goles en LaLiga, situándose segundo no Pichichi e primeiro no Trofeo Zarra, un premio que xa gañou nas dúas últimas tempadas.