aspas.jpg
Hemeroteca club

Iago Aspas participa na segunda edición do proxecto “Faro da Escola”

RC Celta

Aspas.jpg

 

O dianteiro do RC Celta, Iago Aspas, participou esta mañá nun acto celebrado no Auditorio Mar de Vigo con motivo da presentación da segunda edición do proxecto “Faro da Escola” desenvolvido por Faro de Vigo e o Club Faro e destinado a novos estudantes da área de influencia do diario.  

No acto, dirixido e presentado polo director de deportes de Faro de Vigo Juan Carlos Álvarez, participaron preto de 1500 alumnos vigueses de 22 centros educativos que formularon as súas preguntas ao dianteiro celeste e compartiron con el as súas vivencias dentro e fóra do campo. Tamén sobre o escenario atopábase o debuxante Luís Davila que se encargou de amenizar o acto realizando viñetas en directo.

“Faro da Escola” é un proxecto educativo destinado a estudantes de primaria e desenvolvido co obxectivo de concienciar sobre a importancia da información e a maneira de facer xornalismo nos diferentes soportes.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas