Iago Aspas, premio ao mellor xogador de LaLiga Santander en abril

Iago Aspas foi galardoado co Premio ao Mellor Xogador de LaLiga Santander en abril. O dianteiro celeste erixiuse como o gran estandarte do RC Celta con catro goles e outras tantas asistencias o pasado mes, o que lle valeu para adxudicarse esta distinción. O de Moaña impúxose na votación a Benzema (Real Madrid) e Guedes (Valencia CF).

O canteirán recollerá o premio ante a súa afección en ABANCA Balaídos nos instantes posteriores ao encontro entre o RC Celta e o Raio Vallecano do próximo sábado ás 20:45 horas.