Iago Aspas recibe a alta médica

Excelentes noticias na enfermaría do RC Celta. O dianteiro Iago Aspas recibiu este xoves a alta médica tras caer lesionado o pasado 16 de febreiro durante o quecemento do partido ante o Levante. O canteirán celeste e máximo goleador do equipo en LaLiga estará a disposición do adestrador Fran Escribá para o vital partido contra o Villarreal.