Iago Aspas recibe o premio Xogador Estrella Galicia de abril

Iago Aspas recibiu esta mañá en A Madroa o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de abril. O dianteiro celeste obtivo o 60% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Lucas Olaza cun 25% dos votos e de Rubén Blanco cun 15%.

O canteirán, que recibiu o galardón de mans de Jorge Ramírez, copropietario do Camping Ondas de Canido, exhibiu a súa satisfacción ao recoller o seu segundo premio Estrela Galicia da tempada e agradeceu o apoio dos afeccionados. “Gracias a la afición y a los compañeros por ayudarme a conseguir este trofeo”, apuntó. Tamén estivo presente Iván Sánchez, delegado territorial de Estrella Galicia.

De cara ao último partido de LaLiga ante o Raio Vallecano, onde o RC Celta debe certificar a súa continuidade unha tempada máis en Primeira División, Iago Aspas destacou a importancia do mesmo. “Afrontamos o encontro como o fixemos nas últimas semanas, onde gañamos a grandes rivais”, asegurou.

O actual líder do Trofeo Zarra puxo en valor o papel da afección en cada encontro que se celebra en ABANCA Balaídos. “Apóiannos e empúxannos moitísimo”, comentou en sala de prensa.