Iago Aspas recibe o seu segundo premio Xogador Estrella Galicia

A espectacular tempada de Iago Aspas, máximo goleador nacional de Primeira División, non está a pasar desapercibida para o celtismo. Nunha enquisa realizada nas redes sociais oficiais do club, a afección celeste elixiu ao de Moaña como Xogador Estrela Galicia do mes de xaneiro cun 61% dos votos por diante de Lobotka (25%) e Rubén Blanco (14%). É a segunda vez que se alza co galardón na presente tempada.

Aspas recolleu o premio na Madroa de mans do xerente da cervecería Esmorga, quen á súa vez foi recoñecido como Hostaleiro Estrela Galicia do mes de xaneiro cunha camiseta conmemorativa asinada polos xogadores do RC Celta. Ao recoller o premio, o dianteiro galego non se esqueceu dos seus compañeiros de vestiario e dos afeccionados, a quen agradeceu o seu apoio.

Dous dos afeccionados que participaron na votación do Xogador Estrela Galicia de xaneiro en Facebook e Twitter, Jorge Blanco e Nuria Guimeráns, resultaron gañadores de dúas entradas dobres para o partido de Liga ante o Eibar.