Iago Aspas recibe o trofeo Xogador Estrella Galicia da tempada

O mesmo día en que LaLiga recoñeceu a Iago Aspas como o mellor futbolista de Primeira División do mes de abril, o dianteiro galego recibiu de mans de Estrella Galicia o premio ao mellor xogador celeste da tempada 2018/19. Desta forma, o de Moaña revalida un recoñecemento do que tamén foi protagonista as dúas anteriores campañas, na 2016/17 compartido con Sergio Álvarez.

Estrella Galicia únese desta forma aos eloxios unánimes do celtismo e o mundo do fútbol cara a Iago Aspas, quen asinou outra excepcional tempada con vinte goles na súa conta particular.