Iago Aspas regresa ao once ideal de LaLiga

Iago Aspas forma parte do once ideal da xornada 21 de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada semana selecciona aos mellores futbolistas do campionato en función do seu rendemento. O de Moaña volveu ser dos máis destacados na vitoria ante o Betis, partido no que engadiu dúas dianas á súa conta goleadora. E xa son 14 no que vai de tempada!