Primeiro Equipo

Iago Aspas: “Seguimos na pelexa por Europa”

RC Celta

160307_RP_Aspas_web.jpg

 

“Cada fallo que cometes contra un grande penalízache moito”. Iago Aspas atendeu esta mañá aos medios de comunicación na sala de prensa da Madroa e fíxoo coa súa habitual franqueza: “Estiven fodido en casa. Funme ao vestiario no descanso pensando que podiamos gañar e cada vez que perdiamos o balón na segunda parte era un mazazo”, apuntou o moañés.

 

“Prefiro perder unha vez 7-1 que setes partidos por 1-0. Pódenme meter 80 goles, se quedo sexto asino agora mesmo” asegurou Aspas, aínda que recoñece que o traballo defensivo é algo a mellorar por todo o equipo: “Temos que ser máis bloque e sobre todo aprender a pechar o partido”, sinalou. O dianteiro galego aposta por pasar páxina e centrarse no partido deste sábado en Balaídos ante un rival directo como a Real Sociedad: “Non se pode dar por morto a ninguén, pero gañando este partido sacariámoslles unha boa vantaxe a falta de nove xornadas”, explicou.

 

Iago Aspas continúa fixando a clasificación á Europa League como o obxectivo do equipo, unha vez a permanencia está virtualmente asegurada: “Hai que acabar quintos, sextos ou sétimos. Aínda que na sétima praza haxa que xogar fase previa, tamén sería un premio para nós. Hai que lembrar onde estabamos catro anos atrás”, sinalou o atacante.

 

O de Moaña reencontrarase esta xornada cunha figura importante na súa carreira, Eusebio Sancristán, ex técnico celeste e actual adestrador da Real Sociedad: “Para min foi un profesor. Ensinoume moitas cousas, foi un dos primeiros en porme de dianteiro e deume a oportunidade de debutar diante da afección nun partido transcendente para o club”, lembrou.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas