Iago Aspas: “Sempre salgo a dalo todo e máis diante da miña xente”

O dianteiro celeste Iago Aspas compareceu na sala de prensa da Madroa ante os medios de comunicación tras recibir o premio Xogador Estrella Galicia ao mellor celeste de abril, entregado pola afección do RC Celta, e coñecer que LaLiga elixiuno como o mellor futbolista do mes en Primeira División.