Iago Aspas sofre unha lesión muscular no seu xemelgo dereito

Malas noticias para o RC Celta. Iago Aspas tívose que retirar antes de tempo durante o partido ante o FC Barcelona debido a unha lesión muscular. O canteirán sofre unha probable rotura fibrilar no xemelgo interno da súa perna dereita. Realizaráselle unha ecografía nos próximos días para coñecer o alcance exacto da lesión. Se se confirma a existencia de rotura de fibras, o período de baixa será en torno as catro semanas, segundo informan os servizos médicos do club.