Iago Aspas supera a lenda de Vlado Gudelj

Balaídos caeu rendido ante unha nova actuación soberbia de Iago Aspas. O de Moaña, que non deixa de sumar méritos para ir ao Mundial coa Selección Española, marcou un triplete na vitoria celeste ante o Sevilla (4-0). Aínda por riba, co seu segundo ‘hattrick’ da tempada o galego superou a toda unha lenda do gol celeste: Vlado Gudelj.

Co tres dianas marcadas fronte ao Sevilla, Iago Aspas acumula 114 goles en partidos oficiais co RC Celta, un máis que os anotados no seu día por Gudelj, actual delegado do equipo.