Iago Aspas, suplente na vitoria de España ante Suecia

Iago Aspas non contou con minutos no triunfo da Selección Española ante Suecia en partido clasificatorio para a próxima Eurocopa (3-0). O dianteiro galego fora titular no anterior compromiso de ‘La Roja’ ante Illas Feroe, pero nesta ocasión mantívose no banco durante todo o partido.

Con esta vitoria, España é líder do grupo F camiño cara á Eurocopa con cinco puntos de vantaxe sobre Suecia. En setembro xogará ante Romanía e Illas Feroe.

Selección de Eslovaquia

Este martes ás 18:00, Eslovaquia afronta a cuarta xornada da fase clasificatoria á Eurocopa. O combinado de Lobotka e Mazán enfrontarase a Acerbaixán coa necesidade de gañar para manter as súas posibilidades de clasificación á competición continental.