Iago Aspas xogou o segundo tempo do Israel-España (0-1)

aspas-chilena-israel.jpg

 

Outros dous internacionais celestes finalizaron os seus compromisos de seleccións. Iago Aspas disputou a bo nivel o segundo tempo do Israel-España no que o combinado español venceu pola mínima cun gol de Illarramendi. Tratábase dun encontro clasificatorio ao Mundial aínda que intranscendente para ‘A Vermella’, que xa tiña asegurada a clasificación.

 

A Turquía de Emre Mor correu oposta sorte nesta Data FIFA. O conxunto otomán foi eliminado da carreira ao Mundial por Islandia o pasado venres e onte enfrontouse a Finlandia xa sen posibilidades de clasificarse. O atacante céltico disputou os últimos 15 minutos do choque e deu a asistencia do primeiro gol turco. O partido finalizou en empate 2-2.

 


Lobotka: Escocia 1-0 Eslovaquia | Eslovaquia 3-0 Malta

Sisto: Montenegro 0-1 Dinamarca | Dinamarca 1-1 Rumanía

Aspas: España 3-0 Albania | Israel 0-1 España

Mor: Turquía 0-3 Islandia | Finlandia 2-2 Turquía

Guidetti: Suecia 8-0 Luxemburgo | P.Bajos-Suecia

Tucu: Chile 2-1 Ecuador | Brasil-Chile

Maxi: Venezuela 0-0 Uruguai Uruguai-Bolivia

Iván: Eslovaquia-España Sub21


 

A Suecia de John Guidetti xógase a repesca en Países Baixos este martes ás 20:45. Na madrugada o Tucu con Chile e Maxi con Uruguai tamén afrontarán partidos clave, ante Brasil e Bolivia. A Selección Española Sub-21, co porteiro canteirán Iván Villar na convocatoria, xoga hoxe en Eslovaquia un partido de clasificación ao Europeo da categoría, mentres que o tamén canteirán Pampín atópase coa Sub-17 na India, onde este martes afronta o segundo choque da fase de grupos do Mundial.