Iban Salvador, traspasado ao Fuenlabrada

RC Celta e CF Fuenlabrada alcanzaron un acordo para o traspaso de Iban Salvador. O club celeste garda unha opción para que o xogador regrese ao finalizar a próxima tempada.

O RC Celta quere expresarlle a Iban Salvador o seu sincero agradecemento polo esforzo, dedicación e compromiso mostrados durante a súa tempada no filial e desexarlle un gran éxito no futuro.